Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO PAXARILES
As mellores plumas autonómicas citáronse en Narón
14/05/2018

XXI Campionato Galego de Paxariles desputado en Río Seco

Baixo unha climatoloxía cambiante, arrincaba a XXII edición do Campionato Galego de Paxariles. Era o campo de fútbol de Río Seco, sito no concello coruñés de Narón, o que acollía esta nova edición que estivo marcado polo tempo, alta participación e o bo nivel de canto dos paxaros presentados. Todo elo coa organización da Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores de A Faisca.

Cunha alta participación, superando a da edición anterior, un total de 105 paxaros participaron nesta fase autonómica disputada o pasado domingo 13 de maio, e que se dividiron en 13 liñaceiros, 32 xílgaros, 17 verderolos, 11 mixtos de liñaceiros, 28 mixtos de xílgaro e 4 mixtos de verderolos.

Manuel Ángel Chao Porto, Gonzalo Vergara Castro, Jesús Faraldo Ares e Iván Fajardo Cao foron os xuíces encargados de puntuar e valorar os diferentes cantos das plumas dos máis de 100 paxaros que accederon a este autonómico clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais.

Na categoría de Liñaceiro o primeiro posto era para Dionisio Ares Babarro con 62 puntos, seguido por Mª Ángeles Pérez Arcos en segunda posición con 49 puntos. E con 15 puntos, María Aurora Río Pico acadaba o bronce.

Na pluma pura de Xílgaro o gañador era Iván Fajardo Cao con un total de 97 puntos. Camilo Taboada Piñeiro acadaba o subcampionato con 78 puntos. Con tres puntos que Taboada, pero en terceira posición, remataba Mª del Pilar Beltrán Blanco.

Miguel Ángel Ares Ares era o campión en mixto de liñaceiro con un total de 75 puntos. O segundo posto era para Aurelio Seijas Blanco con 73 puntos. Con 62 puntos completaba o podio Estrella Rodríguez Fernández.

En mixto de xílgaro, o primeiro posto era para Ramón Lago Castro con 114 puntos. A medalla de prata recaía en Fernando Nicasio García Castro con 105 puntos e xa con 97 puntos situábase en terceira posición José Sanjuan Maceiras.

En Verderolo o primeiro posto era para Pedro Fernández Jiménez con 44 puntos. Seguido no segundo posto, por Jonatan Crego González con 15 puntos. Pedro Fernández Jiménez repetía no terceiro posto con 14 puntos.

En mixto de verderolo o primeiro posto era para Jonatan Crego González con 51 puntos. Completaba o podio en segunda e terceira posición Jacobo Romero Gómez con 10 e 7 puntos.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza