Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CANS DE PARADA
“Berta de Vilar de Donas” de José María Carnota en Británicos e “Lina de la Judería” de Pedro Iglesias en Continentais, foron os Campións Galegos
05/08/2018

Na xornada do pasado 5 de agosto, desputábase unha proba máis da Copa Galicia de Cans de Parada na que, a postre, coñecíanse os campións galegos deste ano 2018. Foron os montes do Forgoselo, no concello coruñés de As Pontes, o esceario desta XXIX Copa Galicia organizada pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores A Venatoria. 

Un bo ambente, uns terreos extraordinarios xunto cunhas temperaturas suaves e un vento frouxo fixo que o desenrolo desta proba fose todo un éxito. 

Ao remate de dita proba, foi a setter inglés macho de nome “Spartacus de Bosende” propiedade de Andrés Pena o que acadaba o primeiro posto da proba na categoría de Británicos cunha calificación de 1º EXC. O segundo posto foi para o pointer macho “Grill dos Potinhos” propiedade de José María Carnota Ríos cun 2º MB e tamén José María Carnota Ríos repetía en terceira posición con setter inglés macho “Bren” cun 3º MB.

En Continentais “Lina de la Judería” femia de braco alemán propiedade de Pedro Iglesias era o campión da proba cunha calificación de 1º MB. O bretón macho de nome “Cyrus” propiedade de Ignacio Pérez era o segundo clasificado cunha calificación de 2º MB. O tamén bretón de nome “Kia” propiedade de Belisario Bertoa era o que acadaba o terceiro posto cunha calificación de 3ºB.

Coa suma dos puntos acadados nas diferentes probas deuse a coñecer os Campións Galegos de Cans de Parada deste ano 2018 e a selección galega que representará a Galicia no vindeiro campionato nacional. Resultando como segue a continuación:

Na categoría de Británicos o primeiro posto e polo tanto campión galego foi para a setter inglés femia de nome “Berta de Vilar de Donas” propiedade de José María Carnota Ríos con 22 puntos. En segunda posición remataba o pointer macho “Grill dos Potinhos” tamén propiedade de José María Carnota Ríos con 12 puntos. O terceiro posto era para o setter inglés macho “Azor da Brisa da Ría”   propiedade de Eloy Rodríguez Martínez con 10 puntos. “Spartacus de Bosende”, setter inglés macho, propiedade de Andrés Pena Vázquez foi o cuarto clasificado con 10 puntos.

En Continentais o título autonómico era para a braco alemán “Lina de la Judería” de Pedro Iglesias Hermida cun total de 4 puntos. En segunda posición remataba José Ignacio Pérez Pérez co bretón de nome “Cyrus” con 4 puntos. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza