Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FEDERACIÓN
Ángeles Vázquez, nova Conselleira de Medio Ambiente, visita as instalacións da FGC e manten a primeira reunión de traballo co colectivo de cazadores
15/10/2018

Belen do Campo, nova Directora Xeral de Patrimonio, tamén acompañou a Conselleira e presentouse ante os presidentes provinciais e autonómico da FGC

Remata a primeira reunión de traballo da Federación Galega de Caza coa nova Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Unha reunión especial por realizarse nas instalacións da FGC e na cal, tanto á Conselleira Ángeles Vázquez como a súa Directora Xeral Belén do Campo, coñeceron a casa dos cazadores galegos.

Nos primeiros compases da xuntanza as responsables da Administración Galega en matería de caza recibiron información, con datos máis que relevantes, da actividade cinexética e da Federación Galega de Caza. Datos relativos a repercusión económica da caza no rural, a caza como segundo deporte en número de federados de Galicia e o caracter social desta actividade, foron algunhas das pinceladas aportadas polos responsables federativos.

Xa en materia, a FGC presentaba unha batería de máis de 25 propostas primordiais para o colectivo cinexético e o seu futuro. Puntos como a defensa da figura do cazador ante a opinión pública, recuperación de hábitats, urxencia na elaboración do Regulamento de Caza, simplificación das comunicacións das Sociedades de Caza coa Consellería ou os danos que producen as especies de caza maior nas estradas e nos cultivos foron algúns dos temas tratados con intensidade e nos cales a Conselleira e Directora Xeral seguiron con interese.

Despois de case duas horas de xuntanza, a Conselleira Ángeles Vázquez, trasladáballe aos medios de comunicación a boa relación de traballo coa Federación Galega de Caza. Unha relación que xa se iniciou no seu periodo ao fronte da Consellería de Medio Rural e que agarda que dende esta Consellería se volva mais intensa polo ben do Medio Ambiente e dos sectores implicados nel.

Vázquez declarou, sen tapuxos, a necesidade da caza e dos cazadores no rural galego, unha peza clave na xestión dos terreos, na biodiversidade e na mellora ante problemas como os danos do xabaril e os incendios, sen deixar a un lado a importancia social e económica da actividade cinexética. 

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

.
17/04/2019
Rectificación

#DIADAMULLER
08/03/2019
A Federación Galega de Caza, coa folga feminista do 8M

#ACAZATAMÉNVOTA
25/02/2019
E de caza que?

REUNIÓN XUNTA DIRECTIVA FGC
07/02/2019
A renovada Xunta Directiva da FGC marca as directices desta lexislatura despois da primeira reunión de traballo


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza