Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA DE CAZA MENOR
Blanco Cordido con “Neska” gañador do provincial
29/10/2018

O pasado sábado 27 de outubro desputouse nos terreos do Tecor “O Farelo” no concello de Agolada, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores.

O campionato trascorreu sen imprevistos pero baixo unhas condicións climáticas moi cambiantes xa que se produciu un descenso brusco das temperaturas que dificultaron e lastraron os avistamentos e capturas por parte dos 26 cazadores participantes, apesares de que o terreo tiña caza para que se produxeran máis lances. 

Foi o cazador José Manuel Blanco Cordido o que coa súa cadela “Neska” obtivo o primeiro posto ao chegar ao control cunha perdiz e un faisán que a postre lle serviría para ser o novo campión provincial con 750 puntos. En segunda posición, cun coello, remataba Iván Moure González con 350 puntos. En terceira posición, e tamén cun coelloe, remataba Cristobal Cacheda Chouza con 350 puntos.

No tradicional xantar de irmandade tivo lugar a entrega de premios por parte das autoridades alí presentes entre as que se atopaba Ramiro Varela, alcalde de Agolada, así como directivos da Sociedade de Caza e da FGC en Pontevedra co seu presidente Francisco Couselo ao fronte. 

Acudirán ao Campionato Autonómico da especialidade en representación da provincia de Pontevedra, os tres primeiros clasificados citados anteriormente mais os seguintes cazadores: José Antonio Vasconcellos Vicente e Javier Calvo Simois.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza