Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESCOLA DE CAZA
Boa nota para a edición 2018 dos Cursos de Seguridade na Caza e Primeiros Auxilios
07/11/2018

Análise das enquisas realizadas nos cursos presenciais impartidos pola FGC e realizados no mes de outubro nas catro provincias galegas

Coa celebración, o pasado 31 de outubro, do Curso de Seguridade na Caza na provincia lucense, remata o ciclo formativo presencial posto, como en anos anteriores, pola Federación Galega de Caza en convenio coa Consellería de Medio Ambiente, co fin de formar e informar aos cazadores galegos ante temas tan transcendentais como son a seguridade na caza, primeiros auxilios e comunicacións coa Administración pública.

No transcurso destes 4 cursos presencias impartidos nas provincias galegas, e co obxeto de mellorar as actividades formativas que desenvolve e coñecer o grado de satisfacción das mesmas, a FGC realizou unha avaliación anónima aos participantes que cumplimentaron unha enquisa cunha serie de cuestións referidas a formación impartida.

Recopilados e extraídos os datos de ditos formularios podemos afirmar que o 70% dos asistentes manifestaron con agrado o contido dos cursos e ata o 83% viu resolta as súas dubidas nos diferentes temas abordados. A porcentaxe elévase de xeito satisfactorio ata un 88% cando os cazadores deron resposta a pregunta de ¿Acadou vostede os obxectivos esperados?.

No seu afan formativo, a Escola de Caza da FGC puxo un punto e seguido co remate destes ciclo de cursos presenciais, comenzando, a finais do pasado mes de outubro, o I Curso Online, baixo o título “Curso de Formación dos Responsables das Sociedades de Caza” a través da súa Aula Virtual. Pechada a 1º convocatoria, o pasado 30 de outubro, a acollida por parte dos cazadores galegos deste curso virtual foi sobresainte, superándose os 120 inscritos.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza