ARCEAS CORUÑA

Higinio Rodeiro acada o primeiro posto en Val do Dubra

Cunha boa participación, 23 cazadores, o pasado sábado 19 de xaneiro desputábase no Tecor Sociedatario Val do Dubra a fase provincial de A Coruña de Caza de Arceas. Unha proba estrela que contou coa organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e a colaboración da Sociedade de Cazadores Val do Dubra.

Os cazadores de arceas xa estan acostumados a que esta ave migratoria sexa impredecible e nunca deixe de sorprender a cans e cazadores. As arceas fixeron acto de presencia durante o trascurso da proba pero sen proñerlles as cousas sinxelas aos cazadores coruñeses.

 

Moitos avistamentos pero tan so o cazador Higinio Rodeiro González foi quen de entrar no control cunha captura que lle reportou 500 puntos e o converteu no novo campión provincial da especialidade. José Evaristo Carracedo Calvo e Juan Ramón López Tojo ocuparon, despois de realizar o sorteo de rigor, o segundo e terceiro posto da clasificación final.

Estes tres primeiros clasificados e os cazadores Sergio Calvo, Rubén Pardavila e José Manuel Romero conforman a selección provincial para o vindeiro autonómico da especialidade.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.