Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TEMPADA DE CAZA 2019/2020
Xuntanza do Comité Galego de Caza
15/03/2019

Na mañá de hoxe, venres día 15 de marzo, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Resolución de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza 2019/2020. 

O dito Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos, entre os que se atopaban os catro presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, o Secretario Xeral da FGC, o Vicepresidente da Área Cinexética da FGC, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Javier Nogueira Diz. Tamén estiveron representadas as sociedades de caza federadas, así como representantes da administración autonómica. O Comité estivo presidido pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais de caza , de cara a establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. A FGC participou activamente na xuntanza, achegando as inquedanzas dos cazadores galegos recadadas nos diferentes comités provinciais. 

Como posibles datas e períodos hábiles de caza, destacar as seguintes:

-Tempada xeral: do 20 de outubro de 2019 ao 6 de xaneiro do 2020 

-Corzo: adultos macho en batida e montería do 24 de agosto do 2019 ao 19 de outubro de 2019. En asexo do 1 de abril de 2020 a 31 de xullo de 2020

-Xabaril: con caracter xeral do 24 de agosto de 2019 ao 29 de febreiro de 2020

-Raposo: do 1 de setembro de 2019 ata o 19 de outubro de 2020. E despois do peche da tempada xeral do 7 de xaneiro de 2020 ao 9 de febreiro de 2020 

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade na vindeira tempada.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

A CAZA TAMÉN VOTA
14/02/2024
A caza para as forzas políticas ante os comicios autonómicos

CURSOS FORMACIÓN FGC
06/10/2023
300 cazadores participan na Escola de Caza 2023 da FGC

EMERXENCIA CINEXÉTICA TEMPORAL
14/09/2023
A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal

NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA
02/05/2023
Publicada a resolución que determina as épocas hábiles de caza 2023-2024


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza