Ares Lorenzo gañador do provincial de Pontevedra de Rastro de Xabaril

Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril
Organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra, puntuable para a Copa Galicia da modalidade e cunha participación que ascendeu a 42 especialistas disputouse en Silleda e máis concretamente no lugar de “Parada” (Monte do Candán) o XVII Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro a Traílla.
Un espectáculo de alto nivel, no que as marcas estiveron moi apretadas, acadando a meirande parte dos finalistas unha puntuación superior os 200 puntos. Así quedou a clasificación nos primeiros postos:
CLASIFICACIÓN
1º e campión da xeral e campión provincial, Jesús Ares Lorenzo, con “Minicho” e 270,5 puntos.
2º e subcampión, Álvaro Fontenla, con “Muchachita” e 265,5 puntos.
3º, Michael Otero, con “Camarón” e 259,5 puntos.
Logo destes resultados pasan a formar a Selección que representará a Pontevedra no galego da modalidade os seguintes monteiros:
Jesús Ares, Sebastián Martínez, Salvador Sestelo, Antonio Sánchez (campión da edición anterior), José Rodríguez, Joaquín Fernández, Adolfo Vázquez, Bárbara Fontán e Miguel A. Nogueira.

Salientar tamén, que o tempo acompañou. Que o escenario escollido tiña un chisco de todo. Que a deportividade estivo a altura do vistoso evento nas tres horas de exercicio e que as xóvenes Bárbara Fontán, clasificada para o “barraxe” final, e Tania Mª Núñez, na que se está forxando unha futura campiona, puxéronlle a nota feminina ao acontecemento que rematou coa entrega de trofeos, logo dun xantar de confraternidade.