Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE XABARIL
Sebastián Martínez con “Pumuky” campións galegos de rastro de xabaril en Dozón
17/06/2019

Os montes de Dozón e máis concretamente a zona de Sanguiñeda, acollían o pasado día 15 de xuño o Campionato Galego de Cans de Rastro  do Xabaril. Contenda autonómica organizada pola Federación Galega de Caza e a Sociedade de Caza de Dozón, que era clasificatoria para a final de España da especialidade que terá lugar proximamente en terras burgalesas.

A proba foi xulgada polos titulares Guillermo Barreira (Terra Chá), Eduardo Casal (Anta de Ulla), Mario Díos (Camariñas) e Alfonso Collazo (Noia), actuando como auxiliares, Rafael Otero (Meaño) e Lelo Arnoso (Monfero).

A participación ascendeu a 30 monteiros e outros tantos cadelos previamente clasificados nas fases anteriores. Unha vez desputada a fase clasificatoria pasaron para a fase final do autonómico un total de 10 monteiros.

Consumido a primeiro ciclo deuse un descanso para repoñer forzas a través dun “tente en pé”, antes de pasar a disputar a final a decena de participantes que superaron  a criba (cinco de cada acampo), quedando a clasificación definitiva do seguinte xeito:

1º e campión, Sebastián Martinez, con “Pumuki” e 237,5 puntos

2º e subcampión, Manuel Rodeiro, con “Rato” e 216, 5 puntos

3º,  Adolfo Vázquez, con “Samba” e 215,75 puntos.

4º,  Martín Martínez, con “Camarón” e 214 puntos

5º,  Maikel Otero, con “Chacho” e 213,75 puntos

6º,  José Manuel Fernández Vecino, con “Zulú” e 193 puntos.

7º,  José Luís Mera, con “Ali” e 188 puntos.

8º,  José Manuel Barreiro, con “Brisa” e 184 puntos.

9º,  Álvaro Fontela, con “Muchachita e 162 puntos.

10º, Iván López, con “Rubia” e 113,5 puntos.

Os cinco primeiros, xunto con Salvador Sestelo e José Manuel Barreiro, que foron os mellores  na Copa de Galicia desta mesma modalidade, formarán o equipo que representará a Galicia na Final de España.

Salientar tamén, que esta “clásica” dentro do calendario federativo galego, contou cunhos campos moi homoxéneos e piropeados polos protagonistas,  concluíndo na Praia Fluvial de Dozón cun xantar campestre e a entrega de agasallos, premios e placas acreditativas. Presidindo a cerimonia o Vicepresidente da FGC, Luís Eusebio Fidalgo, quen lle agradeceu á Sociedade locataria a colaboración e os organizadores o importante traballo realizado, para rematar felicitando os gañadores en particular e a todos en xeral “por saber compartir o día e a deportividade cos demais”.

Pola súa banda o campión, que foi cuarto no provincial de Pontevedra, amosouse satisfeito polo bo facer do can e e pola clasificación, pero tamén botou man da “sorte” para definir o resultado final.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza