SAN HUBERTO CIDADE DE RIVEIRA

Roberto Dopico resulta vencedor en Riveira

XI Campionato de San Huberto “Cidade de Riveira”

O pasado 21 de xullo desputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza unha edición máis do Campionato de San Huberto Cidade de Riveira puntuable para a Copa Galicia da especialidade e organizada por dita Sociedade de Cazadores e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba trascorreu sen imprevistos destacando a alta participación con 40 cazadores inscritos e sendo o Director da Proba Víctor Reiriz Lampón. 

Foi o participante Roberto Dopico Dopico coa femia de pointer de nome “Easy” o que se subía ao máis alto do podio ao acadar un total de 67 puntos. O segundo posto foi para o cazador José Canosa Senlle con 65 puntos co setter inglés macho “Monsier”. José María Carnota con “Halcón” quedou relegado a terceira posición con 58 puntos.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.