Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COPA GALICIA DE CANS DE PARADA
“Berta de Vilar de Donas” de José María Carnota en Británicos e “Arco das Fontiñas” de Jaime Aneiros en Continentais, foron os Campións Galegos
06/08/2019

XXX Campionato galego de Cans de Parada 2018

O pasado día 4 de agosto tivo lugar unha nova edición, e xa son trinta, da Copa Galicia de Cans de Para que se desputou nuns terreos amablemente cedidos pola Sociedade de Caza San Vicente de Vimianzo. Esta proba era a derradeira de tódolas probas que compuxeron a Copa Galicia de Cans de Parada da tempada 2019, e que á postre deu os resultados do propio Campionato Galego.

A organización da proba recaeu na Federación Galega de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza en A Coruña, sendo director da proba José Moure Caneda e os membros do xurado de competición José María Álvarez Villar e Manuel Ángel Martínez.

Terreos en xeral limpos con pequenas matogueiras de toxo, moi axeitados para este tipo de probas, e o que axudou un frouxo vento moi favorable para a desputa desta disciplina que se desenvolveu sobre perdiz vermella sementada, unhas perdices de forte voo aportadas por Cinexética Brandariz.

Os xuíces asinados pola Federación Galega de Caza para a proba foron David Romero, José Ángel Seco e Jorge Amado.

 

RAZAS INGLESAS

A clasificación desta proba quedaría así:

1º “Azor da Brisa da Ría” setter inglés macho de Eloy Rodríguez cun 1º EXC.

 “Erly II” setter inglés macho de Pedro Rodríguez cun 2º MB.

3º “Lío” setter inglés macho de Antonio Vilar cun 3º MB.

RAZAS CONTINENTAIS

En razas continentais o Campión da Proba foi o macho de braco alemán de nome “Arco das Fontiñas” de Jaime Aneiros Leira que foi o único exemplar continental que obtivo calificación cun 1º MB.

Finalmente, sumados os resultados de todas as probas, a clasificación final de Cans de Parada 2019 foi a seguinte:

Razas inglesas:

1ª e campiona “Berta de Vilar de Donas”, de José María Carnota, revalidando deste xeito o título acadado o ano pasado e completando unha tempada única para esta cadela o ser tamén campiona Galega de Caza San Huberto

2º “Azor da Brisa da Ría”, de Eloy Rodríguez

3º “Lio”, de Antonio Vilar

 

Razas continentais:

1º “Arco das Fontiñas” (BAM) de Jaime Aneiros Leira

 “Lina de la Judería”, braca alemá femia de Pedro Iglesias.

3º “Xanón de Alecrín”, epagneul bretón macho de José Ramón Zamora

Unha vez rematada a proba, autoridades, organizadores, participantes, sementadores e xuíces desfrutaron dun xantar e posterior entrega de premios, a fin de poñer a guinda da mellor maneira posible á proba e asemade á tempada 2019 de Cans de Parada. Entre as autoridades alí presentes destacamos a presencia de Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo; Mario Andujar, concelleiro de Deportes de Vimianzo; José Moure, secretario xeral da FGC; José María Álvarez, presidente da FGC en A Coruña; Francisco Manuel Santiago, vogal da FGC en A Coruña e Manuel Ángel Lmas secretario do Tecor de Vimianzo.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL OURENSE PERCORRIDOS
29/04/2024
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba

PROBA CANS DE RASTRO SOBRE LEBRE
29/04/2024
O lote propiedade da asturiana Nerea Álvarez resultou gañador da IV proba de lebre

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza