PROVINCIAL LUGO CAZA MENOR

Jaime González foi o lucense gañador en Riotorto

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

A localidade lucense de Riotorto acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal era o cazador Jaime González Yáñez o que obtiña o primeiro posto. 

Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desenrolouse o pasado sábado 26 de outubro nos montes do Tecor de Riotorto, sociedade de caza que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito Campionato.

A boa climatoloxía fixo desfrutar ós cazadores participantes que conseguiron avistar bastante caza durante as horas de competición.

Os catro primeiros clasificados remataron empatados a 550 puntos pero foi Jaime González Yáñez o que obtiña o primeiro posto seguido de Juan Carlos Rodríguez González e Antonio González Álvarez en segunda e terceira posición, respectivamente.  

Estes tres primeiro clasificados xunto con Marcos Cruz Núñez e Jesús Paz Penelas formarán a representación lucense no vindeiro autonómico da especialidade.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.