Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CETRERÍA
O concello de Frades acolleu exitosamente o XVIII Campionato Galego de Cetrería
28/10/2019

Tendo de esceario terras de Frades, lugar de As Virtudes, celebrábase esta pasada fin de semana a fase final do Campionato Galego de Cetraría. Un torneo paxareiro do máis natural, entretido  e vistoso dos que se realizan no medio ambiente, que se encargou de organizalo a Federación Galega de Caza a través da Sociedade Galega Cetrería que o planificou moi ben, destacando o traballo de Maricarmen Suárez Ferreiro, Delegada da Federación Autonómica de Caza e tesoureira da Asociación organizadora, e María Currás, Secretaria da citada Sociedade e Directora do acontecemento en cuestión. En dito campionato participaron 50 cetreiros nas modalidades de altanería (pomba lanzada), baixo voo (azores e Harris, perdiz e faisán), pequenas aves (paspallás) e brazo tornado (falcóns, perdiz).

A cita comezaba o venres cunha cea de benvida na que non faltaron recoñecementos, como o que se tributou a Gonzalo Miser Sartier, de “A Devesa das Rapiñas”, pola súa colaboración coa agrupación cetreira, nin tampouco un fenomenal ambente de camadería e ilusión; mentres o sábado, un día de boa temperatura, levábase a cabo a competición con 50 inscritos (7 en alta voo, 22 en Baixo voo, 12 azores e 11 pequenas aves), dos que ó remate da xornada 16 quedaban apeados da mesma. Os 36 restantes gozaron dunha climatoloxía moi axeitada para esta clase de probas o domingo, quedando a clasificación final deste xeito:

Altanería:

1º , Roberto F. Argote, con 98 puntos.

 2º, María Dolores, 70 puntos.

3º, /  Roger, con 69,5 puntos.

 

Harris:

1º / José Gregores, con 101 puntos.

2º / Diego Fernández, con 94 puntos.

3º / Ramón Ferreiro, con 92 puntos.

 

Azores

1º / Pedro A Sanjuan, con 138 puntos 

2º/ Claudio Avalo, con 131 puntos. 

3º/ Nacho Orge, con 119 puntos. 

 

Pequenas Aves

1º.-Víctor M. Pérez, con 124 puntos.

2º.-Diego Fernández, con 93 puntos.

3º.-Pedro S. Juan. Con 90 puntos.

A entrega de premios e agasallos asistiron, ademais de membros da Asociación Galega de Cetrería, coa súa Presidenta, Dolores Abella, o fronte, e a Secretaria, delegada federativa  e Directora do Campionato, María Currás; José Moure, Secretario Xeral da Federación Galega de Caza, Cristina Carrión Rodríguez, Jefa Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña; Roberto Rey Martínez, Alcalde do Concello de Frades, o que acompañaban os concelleiros de cultura, deportes e maiores, Manuel Ferro, Juan Carlos Porto e Jesús Sánchez, respectivamente, e  Rafael Regos, artesán e colaborador de la Sociedade anfitrioa.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL ARCEAS LUGO
02/12/2019
Castiñeira Corral gañador en Meira

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
25/11/2019
Mostras sobre Arceas en A Capela

GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
02/11/2019
Antonio González co seu pointer “Lider” proclamouse Campión Galego de Caza Menor con Can na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
28/10/2019
José Antonio Vasconcellos gañador do provincial


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza