CANS DE PARADA SOBRE ARCEA

Mostras sobre Arceas en A Capela

II Proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes

O pasado sábado 23 de novembro tiña lugar a II proba de Caza Práctica sobre Arceas en As Pontes (A Coruña). Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en A Coruña e que contou coa colaboración das Sociedades de Cazadores Santa María Cabalar e Venatoria As Pontes.

Unha proba en auxe que nesta segunda edición superou a anterior, contando con 21 cans de razas británicas e especializados na caza da arcea. Cans e conductores amosáronse moi satisfeitos pola celebración deste tipo de probas que potencian a figura do can.

Nos fermosos montes de A Capela desenrolouse a proba que estivo xuzgada por David Romero Albores e Jorge Amado Sambade.

Con menos avistamentos de arceas dos que organización e participantes desexaran, remataba esta proba na que non houbo calificacións reseñables pero si traballos destacables:

-O setter inglés de nome “Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago Rodríguez

-O setter inglés de nome “Azor da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez Rego

-O setter inglés de nome “Greta da Ponteporto” de Daniel Facorro Valiñas

-O setter inglés de nome “Mayor de Bosende” de Pedro Nieto González

 

-O setter inglés de nome “Yako” de Miguel Montoiro González foi mencionado como mellor can novo de menos de 24 meses. 

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.