LOBOS - CANS DE CAZA

A FGC trasládalle a Administración a preocupación dos cazadores galegos ante o incremento dos ataques do lobo ós cans de caza

Os cazadores galegos están a ver como ano tras ano se incrementan os ataques dos lobos ós cans de caza durante as súas xornadas cinexéticas, tanto de caza maior como menor. 

Ante estes feitos a Federación Galega de Caza trasladoulle esta preocupación a Dirección Xeral de Patrimonio Natural ao mesmo tempo que solicitou que tamén se teñan en conta este este tipo de danos nos rexistros dos ataques do lobo e non solo se contabilicen os producidos a gandeiría.

Dito esto, a Federación pon en marcha un servizo a disposición dos cazadores para que nos poidan achegar calquera tipo de incidencia producida polo lobo ós seus cans, incidencias que se trasladarán a Administración.  

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.