Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEAS
Daniel Facorro novo gañador do provincial de caza de arceas
27/01/2020

XXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O cazador Javier Facorro Valiñas, representante da Sociedade “San Verísimo” de Arcos de Furcos (Cuntis), con dúas arceas e 1.000 puntos, foi o vencedor do XXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas desenvolto o pasado domingo, día 25 de xaneiro, no estupendo Tecor de Agolada, no que participaron un total de 28 especialistas dos que soamente catro lograron facer diana.

Un evento que se encargou de organizar a Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración coa Sociedade  “Farelo” de Agolada, que tivo de epicentro os Pendellos (Lugar de Parranda) na capital municipal, e que comezaba como sempre coa concentración de participantes, para pouco despois darse as instrucións pertinentes e de seguido a saída para o cazadeiro. As 9 h., con bo tempo e moitas ilusións, iniciábase a competición, levándose a cabo o seu desenvolvemento nun escenario idóneo para esta disciplina, aínda que logo a hora de contabilizalas capturas, sen estar nada mal, os guarismos non responderon as expectativas creadas nun primeiro momento, sendo tan só cinco as pezas pilladas da quincena de exemplares que se levantaron e viron nas cinco horas que durou a competición. Pero tamén ai que dicir, que a caza da arcea é así. 

CLASIFICACIÓN

1º e campión, Daniel Facorro Valiñas, Sociedade  “San Verísimo”, de Cuntis. Presentouse no control ás 12,20 h. con dúas arceas que lle valeron 1.000 puntos

2º e subcampión, José Dios de la Iglesia, Sociedade de “Cotobade”. Entraba no posto de verificación ás 12,01 h. cun paxaro que tivo unha valoración de 500 puntos.

3º, Javier Calvo Somois, Sociedade Rosaleña. Presentábase no posto de comprobación ás 13,10 tamén cunha peza e 500 puntos.

4º, Juan Carlos Rodríguez Vidal, Sociedade A Rosaleña. Entraba no posto de inspección ás 12 h., igualmente cunha captura e 500 puntos.

Seguidamente clasificáronse por sorteo para rematar de formar o equipo que representará a provincia pontevedresa na seguinte fase, José Ángel Montes Estévez (Sociedade Sta. Bárbara) e Celso Boullosa Costal (Sociedade “Xesta”). Este derradeiro figura como reserva.

 
 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza