Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
SI Á CAZA, SI AO MUNDO RURAL
Xornada de exaltación da caza, o vindeiro 15 de marzo en Cospeito (Lugo)
21/02/2020

O vindeiro domingo día 15 de marzo, os cazadores galegos temos unha importante cita no Recinto Feiral Municipal de Muimenta, en Cospeito (Lugo), trátase da  1ª Xornada de Exaltación da Caza.

Dende a Federación Galega de Caza, a través desta  xornada, pretendemos mostrar a unión e fortaleza do noso colectivo pero tamén trasladar á sociedade galega que a caza ademais de deporte é unha ferramenta fundamental nestes tempos para a dinamización do rural galego, cada día máis abandonado. 

O futuro da caza require da unión de todos nós, por iso é importante que o día 15 de marzo acudamos a esta manifestación da exaltación da caza para dicir ben alto Si á caza, si ao mundo rural.

A partir das 10,30 horas estará aberto ao público o recinto no que se celebrará esta xornada reivindicativa, na que tamén poderás disfrutar e participar, de xeito gratuíto, entroutras, nas seguintes actividades:

  • Exhibicións de Agility, Arco, Cetraría, etc.
  • Simulador de Tiro
  • Stands de caza e de produtos da terra
  • Xantar de irmandade

O recinto estará aberto ao público a partir das 10,30 horas 

Por cuestións de aforo, dado que o número de prazas é limitado, é imprescindible inscribirse previamente na Federación Galega de Caza ou nas Federacións Provinciais (prazo límite de inscrición 6 de marzo).

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza