Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMITÉ GALEGO DE CAZA
Xuntanza do Comité Galego de Caza e propostas realizadas pola FGC
15/04/2020

Na mañá de hoxe, mércores día 15 de abril, tivo lugar a xuntanza do Comité Galego de Caza, cuxos acordos servirán de base para confeccionar a “Resolución de Vedas” que regula os períodos hábiles de caza das distintas especies cinexéticas para a vindeira tempada de caza 2020/2021. 

Nesta ocasión, e debido a situación de Estado de Alarma por mor do Covid-19, dito Comité realizouse por videoconferencia pero non por elo a FGC deixou de realizar as súas propostas de cara o vindeiro exercicio cinexético 2020/2021.

O Comité estivo composto polos diferentes representantes dos cazadores galegos e das sociedades de caza, entre os que se atopaban os catro presidentes provinciais da Federación Galega de Caza, e todos eles encabezados polo presidente da FGC, Javier Nogueira Diz; así como representantes da administración autonómica. A Xuntanza  estivo presidida pola Directora Xeral de Conservación da Natureza, Belén do Campo.

No transcurso da reunión, analizáronse as propostas dos catro comités provinciais de caza, de cara a establecer a normativa que regule os períodos hábiles e as especies que serán obxecto de caza na vindeira tempada. A FGC participou activamente na xuntanza, achegando moitas das inquedanzas dos cazadores galegos e entre as que destacamos as seguintes:

  • No tocante á caza das femias de corzo a FGC propuxo volver á redacción da Orde de Vedas 2017/2018 que regula a súa caza. 
  • En consonancia co establecido para a caza do xabaril, proponse que en todo tipo de batidas, tamén no caso do corzo e raposo, o número mínimo de participantes sexa de 8 cazadores.
  • Proponse que cando non se cumpran os cupos de xabaril se poidan autorizar axexos a esta especie, e poder disparar ao xabaril durante os axexos de corzo.
  • No referido á caza de arceas proponse prohibir a través da Orde de Vedas a caza de arceas “ao paso”.
  • Tamén a FGC elevou ao Comité a proposta de que nas zonas de caza permanente e nas explotación cinexéticas, poderá soltarse durante todo o ano, agás os tres meses de maior sensibilidade para a cría das especies silvestres, caza sementada de paspallás, perdiz, coello, faisán, etc., tal e como se está a facer noutras CCAA. 
  • Proposta dunha nova aplicación informática para presentación dos resultados das cazaría. 
  • Así como un mellor funcionamento e eficacia da tramitación de licenzas de caza.
  • Tamén a FGC fixo propostas no tocante a expedientes de segregación, ampliación, etc. de Tecores. 

Queda todo emprazado para que sexa a Consellería do Medio Ambiente a que fixe, coa publicación da Resolución de Vedas, as regras que rexerán a práctica cinexética na nosa comunidade na vindeira tempada.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”

DISTINCIÓNS MÉRITO DEPORTIVO 2023
31/01/2024
Javier Nogueira e José Ángel Torres reciben as Distincións ao Mérito Deportivo 2023


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza