Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUTUASPORT
A única aseguradora que protexe á caza
07/07/2020

Mutuasport segue avanzando e lanza unha ambiciosa campaña de comunicación para dar a coñecer todas as tarefas que leva a cabo no sector cinexético.

Dende que se creou no ano 1971, dedicou todos os seus esforzos en protexer aos cazadores mentras practican a actividade venatoria. É a única mutua creada por e para os cazadores solventando as súas necesidades, especialmente cando ten un accidente durante a actividade cinexética. 

A Mutua como entidade aseguradora, ten como obxetivo principal, dar cobertura reparadora ao cazador cando sofre persoalmente ou causa un accidente de caza, atendendo e resolvendo os seus sinistros. 

Pero Mutuasport vai máis alo e abre novas canles de comunicación para que os seus mutualistas coñezan todas as tarefas que llevan a cabo, ademáis da actividade aseguradora. Ao ser unha mutua, non ten accionistas, polo que todo o beneficio repercute e reverte en protexer, defender e loitar pola actividade cinexética. Esos canles son:

  1. Prevención: Lanzando campañas de comunicación como #StopAccidentesDeCaza para reducir os accidentes e que así tamen se reduza a siniestralidade no sector da caza. Ademáis, comparte artigos de prevención e seguridade a través das Federacións Autonómicas de caza en coloquios, feiras, eventos, etc.
  2. Defensa da caza: Colaborando coas Federacións Autonómicas de caza en todos os estudos científicos e proxectos con Universidades e Fundacións para a boa xestión da biodiversidade.
  3. Formación do cazador: Impartindo cursos de seguridade e patrocinando cursos de interés cinexético xunto ás Federacións Autonómicas de
  4. Campañas de Comunicación: Xunto aos medios de comunicación especializados na actividade cinexética lanzando cortometraxes de prevención e en defensa da caza como #StopAccidentesdeCaza e #LaVerdadDeLosPerrosDeCaza .

Non existe compañía de seguros máis involucrada na actividade cinexética xa que ao ser creada polos cazadores, sabe moi ben as verdadeiras necesidades do cazador. E si todo isto segue sendo posible é gracias ao cazador mutualista/federado que coa súa participación aporta o seu grao area para a loita e segue loitando nos duros momentos que está atravesando o sector cinexético.

Deste modo, Mutuasport quere deixar constancia coa campaña, a necesaria unión de todos os cazadores para seguir traballando nesta dirección que non é outra que poder desfrutar das nosas xornadas de caza sen ter que preocuparnos por nada.

Mutuasport, ademáis de ser a Mutua dos cazadores, sempre estará pensando na protección, seguridade e integridade dos afecionados en cada unha das súas modalidades. O seu obxectivo é que os cazadores saian ao campo, seguros e tranquilos sen preocupacións, e simplemente disfruten da súa afición favorita dunha forma ética e responsable.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza