Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CAMPUS VIRTUAL
A FGC retoma, un ano máis, os Cursos Online para a Formación e Seguridade do cazador
24/08/2020

Nas vindeiras semanas a Federación Galega de Caza da a apertura ao seu Campus Virtual (EscolaDeCaza.gal) coa realización da 3ª convocatoria do Curso de Formación de Responsables de Sociedades de Caza e a 1ª edición online sobre a Prevención da Siniestralidade e Seguridade na Práctica Cinexética.

Un campus virtual que adquire nesta edición unha maior relevancia e interese, o seu formato online garante a seguridade fronte a Covid-19 ao mesmo tempo que facilita e da comodida ao alumno que desexe participar, non véndose limitado polos horarios ou os desprazamentos.

Ditos cursos van dirixidos a representantes e directivos de sociedades de caza, cazadores ou responsables de cazarías, cunha duración dun mes para a realización dos mesmos e estando dispoñibles na plataforma virtual da Escola de Caza dende o día 1 ao 30 de outubro. A avaliación realizarase entre os días 24 e 30 de outubro.

A temática dos cursos poderase consultar na web www.escoladecaza.com e os alumnos inscritos recibirán diverso material de seguridade na caza, asi como o correspondente Diploma acreditativo se superan a avaliación dos mesmos.

Lembra que a matrícula é totalmente gratuíta e a data límite para cursala é ata o vindeiro 15 de setembro, descarga o boletín de inscrición e envíao a escola@federaciongalegadecaza.com.  A que agardas? Fai a tua inscrición e entra nun sorteo de obsequios federativos... Cazador formado! Cazador seguro!

Descargar boletín de inscrición

Descargar programa

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza