Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
COMUNICADO DA FGC
A FGC lamenta o oportunismo sen límites éticos de ATEGAL
09/11/2020

A FGC lamenta que dende ATEGAL, da que forma parte algún exdirectivo da FGC, se aproveite a situación sanitaria para facer un ataque frontal á caza en particular e ao deporte galego federado en xeral.

As declaracións emitidas por esta asociación, con nula ou escasa representación no colectivo cinexético, contra a Federación Galega de Caza da que forman parte 20.000 cazadores e o 90 % dos Tecores galegos, resultan inadmisibles e van claramente encamiñadas, xunto con outras maniobras, a intentar que a Administración prohiba que os cazadores federados poidan cazar.

O único que se pretende dende esta asociación, baixo unha pretendida defensa da caza, de todos os cazadores e da saúde pública, é danar aos cazadores federados, só así se pode entender a contradicción de pasar de solicitar días atrás que a caza sexa actividade esencial a pedir agora que se paralice a caza.

Xa a mediados do mes de outubro a Real Federación Española de Caza a nivel nacional e a Federación Galega de Caza a nivel autonómico solicitaron a necesidade da declaración da caza como actividade esencial, sempre respetando os protocolos sanitarios, e baixo a necesidade do control de especies como por exemplo o xabaril para evitar danos en cultivos e estradas e poder así cumprir os cupos de capturas.

É preciso lembrar que as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia con respecto ao deporte federado non só afectan á caza, senón que afectan a un total de 58 federacións deportivas galegas e a máis de 274.000 deportistas federados galegos entre os que se atopan os cazadores.

A FGC é a única entidade de representación do colectivo cinexético que ten elaborados e aprobados os seus protocolos anticovid para a práctica cinexética.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza