Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES
Axudas para fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos
02/02/2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) ven de publicar no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 14 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2021.

Segundo indica o DOG, esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (Tecor) de Galicia, sendo actuacións subvencionables destas axudas:

a) Actuacións nos terreos cinexeticamente ordenados coa finalidade de mellora de hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, gradadura, a emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas

b) Actuacións para a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexeticamente ordenados

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

Descargar orde de axudas

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

TAMÉN PARA COVID-19
17/02/2021
Publicadas as axudas para o desenvolvemento de actividades deportivas

LOBO / OSO / XABARIL
12/01/2021
Publicada a orde de axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre

DEPORTE FEDERADO
20/11/2020
Cambio de interpretación da Secretaría Xeral para o Deporte

RURAL E DEPORTE
12/11/2019
Convócanse os Premios ao Talento Mozo Galicia, para mozos e mozas entre 18 e 30 anos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza