8 de febreiro de 2021
NOVA WEB DE MUTUASPORT

Mutuasport estrea nova web no seu 50 aniversario

A Mutua dos cazadores estrea a súa nova páxina web coincidindo co seu 50 aniversario. Unha ferramenta coa que pretende estar preto dos cazadores. Empregarase como un novo sistema de comunicación, moderno e dinámico.

A nova web mellora moito a estética, contido e diseño. Este novo espazo fai posible que as novidades de Mutuasport sexan visibles de forma case inmediata. Ademáis, foi posible ampliar a información da oferta de seguros grazas ás novas posibilidades da web. Un espazo máis sinxelo, moderno e mellor organizado, que favorecerá a navegación de todos os usuarios para atopar a información que desexen.

Ademáis, na elaboración primou a simplificación para acceder aos diferentes contidos de xeito máis claro e intuitivo e o emprego dunha maior cantidade de fotografías para acadar unha imaxen moito máis visual e atractiva. A nova web dispón de diseño 'responsive' que permite a correcta visualización nos distintos dispositivos: ordenadores, smartphones ou tablets.

Organizouse e clasificouse todos os seguros na web por modalidades e en función da actividade a desenrrolar para que os cazadores atopen máis rápido o que precisan.

Ademáis, incorporouse un novo espazo para o mutualista, o clube de fidelidade, lugar no que o mutualista poderá beneficiarse de promocións e descontos especiais en diferentes empresas do sector; hoteis, roupa de caza, comunicación, etc...

A nova web, que entrou xa en funcionamento, é un novo esforzo de Mutuasport por estar máis preto dos cazadores, poñendo especial interese en mellorar a interactividade entre ambos e ofrecendo información máis completa e dinámica sobre o sector cinexético e asegurador.

Trátase así de mellorar o funcionamento e o aspecto da páxina para convertila na primeira canle de comunicación de MUTUASPORT e na ferramenta indispensable para calquer que desexe coñecer toda a actualidade da mutua dos cazadores.

Nova web: www.mutuasport.com

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.