Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA SOBRE ARCEA A CORUÑA
O setter inglés “Zeta” de Marcos Estévez foi o único clasificado
15/03/2021

O pasado 14 de marzo tivo lugar a III Proba de Cans de Parada sobre arcea organizada pola Federación Galega de Caza na Coruña nos terreos da Sociedade de Caza Santa María de Cabalar e a Sociedade de Caza Venatoria As Pontes. Hai que salientar a excelente disposición de ámbalas dúas sociedades para a celebración de probas deportivas de caza en todo momento.

O campionato, que se desenvolveu respetando o protocolo covid aplicable a este tipo de competicións, transcorreu nuns montes idóneos para as probas de cans de parada sobre arcea, formados por bosques de piñeiros principalmente con valgadas e regueiros, cunha vexetación que en todo momento permitía poder ver o traballo dos cans.

Malia o avanzado do calendario contouse cunha inscrición de 29 cans que dende as 10:00 da mañá se afanaron na busca da arcea en quendas por parellas de 20 minutos de duración. Lamentablemente, só se conseguiron avistar 2 arceas e viuse sinais da súa presenza en dous sitios máis.

Da batería A, xulgadas polos xuíces Juan Alvaro Rodríguez, Jesús Blanco Paredes e Kiko López, saíu o único can clasificado da proba, o setter inglés Zeta, de Marcos Estévez. Na batería B, xulgada por José Manuel Pallas e Óscar Suárez, lamentablemente non puido resultar clasificado ningún can, polo que os xuíces nomearon os restantes cans premiados en función do traballo realizado.

- 1º. Zeta, de Marcos Estévez, con cualificación de Moi bo.

- 2º Ulises, de José Antonio Cerqueiro

- 3º Greta da Ponteporto, de Daniel Facorro

- Brisa, de Javier Pereiro

- Ciro do Coto da Néboa

- Isa de Castrocán, de Alberto Ramos 

Tamén se destacaron aos mellores cans menores de 2 anos:

- Gala, de Higinio Rodeiro

- Aser, de José Antonio Cerqueiro

Xa entrada a tarde e nun ambente de coordialidade púxose fin á xornada coa entrega de trofeos e as palabras das autoridades federativas.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba

XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA
15/04/2024
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra

RASTRO XABARIL SALVAXE CODESEDA
10/04/2024
Iago Vázquez con “Yerry” campións en Codeseda

COPA GALICIA CANS DE PARADA
30/03/2024
“Chico do Cereixal” de Antonio Vilar e “Iron” de Jaime Aneiros foron os Campións Galegos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza