Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FGC - COMITÉ
Estas foron algunhas das propostas presentadas pola FGC ante o Comité Galego de Caza
16/04/2021

Unha vez escoitado a cazadores e sociedades de caza a Federación Galega de Caza presentou, no día de onte, unha batería de propostas ante o Comité Galego de Caza en prol dunha actividade cinexética máis beneficiosa, evolucionada e mellor xestionado.

Moitas destas propostas xa foran expostas polos representantes federativos provincias nos seus respectivos Comités, e foron impulsadas e matizadas no Comité Autonómico celebrado no día de onte. Acontinuación trasladamos algunhas das propostas presentadas:

- Proba piloto para fomentar a adaptación ao medio dos coellos nas repoboacións.

- Solicítase a búsqueda dunha solución ao análise de carne de caza.

- Posta en marcha do curso de cazador con formación.  

- No tocante ás repoboacións cinexéticas solicítase a habilitación dun procedemento de comunicación para as repoboacións, de xeito semellante ás soltas que se realizan nas zonas de caza permanente.

- Exención do pago da licenza de caza aos menores de 18 anos e maiores de 65, en consonancia coa licenza de pesca fluvial que é gratuíta para os mesmos tramos de idade.

- Actualización do sistema de consulta dos datos REGIAC por medios telemáticos.

- En relación aos danos producidos polo xabaril, solicítase que o informe por parte dos axentes reflexe o máis exactamente posible a superficie danada.

- Regulación da actividade nas explotacións cinexéticas comerciais.

- Situación e posicionamento da caza do lobo en Galicia.

- Posta en marcha dunha aplicación informática da Xunta para unha mellor e máis sinxela comunicación dos resultados das cazarías.

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSOS DE FORMACION FGC
2025-10-01
Comenzan os Cursos de Formación da FGC con máis de 250 cazadores inscritos

REGULAMENTO DE ARMAS
2025-09-26
Reunión coas Intervencións de Armas e Explosivos de Zona da Garda Civil para unificar criterios na aplicación do Regulamento de Armas

ORDE DE AXUDAS TERREOS QUEIMADOS
2025-09-10
A FGC ponse a disposición das Sociedades de Caza afectadas pola vaga de lumes

CURSOS FORMACION 2025
2025-09-05
Coa apertura da Escola de Caza a FGC aposta pola formación dos cazadores


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza