PROVINCIAL LUGO DE PERCORRIDOS CAZA

Marcos Vázquez foi o dominador do provincial

XV Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza

Despois da desputa do provincial de compak na xornada previa ao día de hoxe, 16 de maio, tiña lugar o XV Campionato Provincial de Lugo de Percorridos de Caza organizado pola Federación de Caza de Lugo e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás.

Superando a participación de edicións anteriores arrincaba esta proba con preto de 60 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos nos que as traxectorias dos pratos dende diferentes inclinacións do tiro foi a nota predominante da xornada cinexético deportiva.

 

Marcos Vázquez Cabado era o tirador lucense que se facía novamente co título de campión provincial de percorridos de caza ao igual que fixo na modalidade de compak sporting. Pero nesta ocasión Vázquez Cabado foi o campión absoluto da clasificación xeral cun total de 89 pratos escachados. O campión provincial tivo que enfrontarse a un desempate, novamente, co tirador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente pero que nesta ocasión superou grazas ao pleno acadado. Vasconcellos Vicente quedaba relegado a segunda posición da clasificación xeral por diante de Formoso Barro. 

Na categoría Senior o primeiro posto era para Ángel Gómez González con 83 pratos. O segundo e terceiro posto eran para José Carlos Martínez González e Juan Carlos Bande López, respectivamente.  

 

Luis Salmerón Madera era o Máster mellor clasificado cun total de 66 pratos escachados. José María González Rodríguez era o Veterano que acadaba o primeiro posto con 76 pratos. O xoven tirador Omar Insúa Rodríguez eran o campión con 74 pratos na categoría de Xuvenil.

Este Campionato contou co patrocinio da: Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport e coa colaboración de Solognac.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.