PROVINCIAL A CORUÑA DE XABARIL

Javier Devesa campión provincial e Gonzalo Rodeiro campión da proba

Campionato provincial de A Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

En Monfero, concretamento nos terreos do Tecor Nosa Señora da Cela, tiña lugar o Campionato Provincial de A Coruña de Cans de Rastro modalidade Xabaril que se desputou o pasado 15 de maio.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza en A Coruña e coa colaboración da Sociedade Virxe da Cela desputábase este destacado campionato que sempre desperta enorme interese e mostra delo foi a alta participación coa inscrición de 43 cans e 34 monteiros.

As duras condicións climáticas ás que se enfrontaron monteiros e cans durante a xornada non decreceu nas prestacións e calidade amosada polos cans e conductores.

Foi o monteiro Gonzalo Rodeiro Louzao con “Zeus” o que obtivo o primeiro posto do campionato con 213 puntos. A tan so medio punto remataba o lucense Maikel Otero Folgueira con “Camarón”. Jesús Ares Lorenzo obtiña o bronce con “Minicho” e 211,5 puntos. Foi o monteiro coruñés Javier Devesa Bouzón o que coa griffona azul de nome “Fina” obtiña o título de campión provincial con 177 puntos.

A selección provincial de A Coruña que representará a esta provincia no vindeiro autonómico da especialidade quedou composta polos seguintes monteiros: Javier Devesa, Carlos Alberto Arnoso, Gonzalo Rodeiro, Juan Carlos Garabana, Oscar Manuel Gómez, Jorge Álvarez, Julio Manuel Caruncho, José Castro, Adrián Otero e Rubén Garabana.

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion e Proyecta Galicia.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.