COPA FEDERACIÓN CANS DE PARADA

O setter inglés “Bren” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Baiona

XXXII Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada

O pasado 16 de maio desputábase en Baiona a xa XXXII edición da Copa Federación Galega de Caza de Pontevedra de Cans de Parada na que era a FGC de Pontevedra a encargada da súa organización e contaba coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”.

Na proba participaron un total de 16 cans, 4 en razas continentais e 12 en razas británicas. Temos que destacar que das razas continentais os cans presentados non obtiveron calificación.

Foi o setter inglés de nome “Bren” e conducido por José Mª Carnota Ríos o que obtiña a mellor calificación con 1º EXC. Eloy Rodríguez Martínez presentaba o setter inglés “Azor da Brisa da Ría” e obtiña un 2º MB. O tamén setter inglés de nome “Horam´s” conducido por Belisardo Bertoa Suárez obtiña o terceiro posto cunha calificación de MB.

Este Campionato contou co patrocinio de: Secretaria Xeral para o Deporte, Mutuasport e Proyecta Galicia.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.