Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE XABARIL
Salvador Sestelo con “Beba” proclamouse campión galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril
12/06/2021

XXV Campionato Galego de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

A Federación Galega de Caza trasladou ao concello coruñés de Santa Comba a edición número XXV do Autonómico de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril desputada no día de hoxe, 12 de xuño de 2021. Un campionato que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xallas e na que participaron preto de 40 monteiros clasificados nas respectivas fases provincias.

Unha vez máis a fase final do Campionato Galego de Xabaril non defraudou ás espectativas creadas e durante a xornada presenciáronse prestacións de enorme calidade no rastrexo do xabaril por parte do binómio monteiro e can. 

Foi o participante pontevedrés Salvador Sestelo Núñez o que coa súa cadela “Beba” resultaba gañador do título de campión galego ao obter un total de 248,5 puntos. Con 240 puntos e en segunda posición remataba o monteiro Gonzalo Rodeiro Louzao co can “Zeus”. O bronce era para Álvaro Fontela Filgueira con “Lito” e 231 puntos.

No trascurso do acto de clausura a Federación Galega de Caza fixo entrega a Antonio Sánchez Sesto da placa de Campión da Copa Galicia da especialidade que acadou co can “Diésel”.

Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport, Arion e Proyecta Galicia.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”

CAMPIONATO GALEGO DE ARCEAS
2025-12-22
José Manuel Tomé co setter “Duke” gañador dun Campionato Galego de Arceas moi desputado

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza