Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
MUTUASPORT
Comunicado da Xunta Xeral de Mutuasport
01/07/2021

No día onte, 30 de xuño ás 10:00h da maña en primeira convocatoria e ás 11:00h en segunda convocatoria, celebrouse a Xunta Xeral de Mutuasport no Hotel Jardín Metropolitano de Madrid, cunha alta participación de mutualistas pertencentes a diferentes Comunidades Autónomas.

Coa participación do presidente de Mutuasport, José María Mancheño e de Javier Vergés, director xeral, e xunto aos membros do Consello de Administración, presentaron, polo miudo, as Contas Anuais do exercicio 2020 que comprenden o Balance, Conta de Perdas e Gananzas, a Memoria e o Informe de Xestión, destacando o importante resultado obtido no exercicio, así como a incorporación de novas federacións deportivas de caza.

Todos os asistentes á Xunta aprobaron por unanimidade as Contas Anuais do exercicio 2020, que comprenden o Balance, Conta de Perdas e Ganancias, a Memoria, o Informe de Xestión do exercicio 2020, así como a xestión social.

Ademáis, a Xunta Xeral refrendou a aposta do Consello por invertir en investigación aplicada á caza, como o proxecto “Coturnix” e “Zorzales”, co obxetivo de estudar e evaluar científicamente o estado de conservación das especies. Acción que foi positiva para Mutuasport xa que mellorou considerablemente a súa imaxen no sector cinexético.

Outro feito destacable foi a renovación e novas incorporacións no Consello de Administración de catro novos membros.

Dende o Consello de Administración agradeceuse a confianza depositada na Mutua e o respaldo na xestión realizada. “Tenemos motivos suficientes para sentirnos orgullosos por el trabajo desempeñado por el personal de Mutuasport, Federaciones, equipo de Dirección y Junta Directiva… hablar de Mutuasport es hablar de solvencia y solidez”.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza