Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NACIONAL COMPAK SPORTING GP FITASC
Novamente Cristóbal Jiménez domina en Río Sar
02/08/2021

XXIII Campionato de España Gran Prix Fitasc de Compak Sporting

A Federación Galega de Caza e a Sociedade Deportiva Río Sar rematan o Nacional de Compak co deber cumprido de organizar, conxuntamente coa RFEC, un campionato de alto nivel. Un total de 8 canchas automatizadas e onde a tecnoloxía destacou nesta proba Nacional fixeron un campionato moi atractivo e áxil para os máis de 300 tiradores participantes.

No tocante a participación dos tiradores galegos foi Antonio Iglesias Otero o que acadou o mellor posto na clasificación xeral ao rematar na posición número 10 cun total de 182 pratos escachados. Novamente Artemio Formoso Barro foi o gañador na categoría de Tiro Adaptado e foi o metal de bronce ao que se sumaron José Manuel Fernández Añon en Iniciados, Ángel Mosquera Rodríguez en Máster e José Manuel Torres Parada en Homes nivel B. Tamén o equipo Río Sar composto por Antonio Iglesias, Daniel Cebreiro e José Manuel Torres Parada acadaron o terceiro posto por Equipos-Clubes resultando gañador o conxunto Stop Almansa.

Do mesmo xeito que fixera no Nacional de Percorridos do ano 2017 en Río Sar, Cristóbal Jiménez marchou de Galicia co título de Campión de España despois de facer unha tirada de gran regularidade, rematando con 193 pratos, sendo quen de facer dous plenos na xornada do domingo. Diego Martínez Eguizabal foi o segundo clasificado con 189 pratos e o bronce, con 188 pratos, foi para Gonzalo García Barrio despois de ter que enfrontarse nun desempate a Juan Navarro Asín.

Beatriz Laparra seguiu agrandando o seu palmarés e non tivo rival neste Nacional que rematou cun total de 177 pratos. Fabián Romero en Xuveniles, Juan Vicente Llorens en Iniciados, Javier Ayarza en Máster, Antonio Montes en Seniors e Rafael Insa en Veteranos compretaron o abano de campións desta XXIII edición do Campionato de España de Compak Sporting –GP Fitasc.

No acto de clausura o presidente da FGC, Javier Nogueira, en representación da RFEC e Mutuasport fixo entrega a José Luis Sánchez Mancebo o Premio á Deportividade, outorgado por Mutuasport, pola súa ampla e incansable traxectoria deportiva e organizativa durante décadas que leva vinculado á Federación Galega de Caza e á Sociedade Deportiva Río Sar.

Máis info e resultados en www.fecaza.com

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza