Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
GALEGO DE CAZA MENOR CON CAN
O coruñés José Manuel Torres Parada coa setter “Enxa” proclamouse campión galego de caza menor en Foz
31/10/2021

XXXIV Campionato Galego de Caza Menor con Can 

Cun total de 1.700 puntos o xoven cazador José Manuel Torres Parada obtivo o título de campión galego na edición XXXIV do Campionato Galego de Caza Menor con Can. Proba celebrada nos terreos cinexéticos do Tecor A Frouxeira, ubicado no concello lucense de Foz. 

Grazas a esencial colaboración e implicación da Sociedade de Caza de A Frouxeira a Federación Galega de Caza organizou, o pasado 30 de outubro, o Autonómico de Caza Menor. O Delegado de Caza Menor e Director da Proba, Jaime González Penelas, destacaba ao remate do campionato a deportividade de tódolos participantes e o apoio e traballo realizado pola Sociedade de Caza local.

Baixo unhas condicións climáticas moi óptimas para a práctica cinexética, ás 9:00 horas comenzaba esta edición do campionato autonómico que ao remate do mesmo resultou ser valorado moi positivamente tanto polos participantes como pola organización. Unha destacada densidade de caza avistada e un bo número de capturas deron lances cinexéticos de enorme calidade aos 22 cazadores participantes, clasificados nas respectivas fases provincias.

Foi José Manuel Torres Parada o que entraba axiña en control, concretamente ás 11:33 horas, co cupo de perdices e agachas que lle reportaban un total de 1.700 puntos e que o convertían no novo Campión Galego de Caza Menor con Can. “Un traballo de calidade da miña setter “Enxa” e o acerto nos disparos foron as claves para obter o título” declaraba o campión Torres Parada.

 

O tamén coruñés Javier López Cendán co setter “Foster do Rempenin” obtiña a prata cun total de 1.100 puntos. O terceiro posto do podio era para o lucense Bernardo Traseira Rois co setter “Ringo I de Bosende” e 1.100 puntos.

Estes tres primeiros clasificados representarán a Galicia na Semifinal do Campionato de España de Caza Menor con Can que se desputará o vindeiro 20 de novembro en Puebla de Albortón –Zaragoza.

Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROVINCIAL LUGO CAZA ARCEAS
25/11/2024
Manuel Rodríguez coa setter “Huma do Yelsar” gañador en O Corgo

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza