Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
BENEFICIOS FEDERADOS
A FGC abre un novo espazo para xestións no REGIAC e consultas veterinarias
15/12/2021

Na web www.federaciongalegadecaza.com xa está operativo o apartado “Trámites no REGIAC” no cal os cazadores federados obteñen importantes descontos e tamén poderán realizar consultas veterinarias

Coa normativa vixente actual, son moitos os trámites que os cazadores deben realizar co REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía) para manter en regra toda a documentación dos seus cans de caza. 

Neste sentido é importante destacar a importancia de ter debidamente actualizado o rexistro de cans propiedade do cazador, especialmente dar de baixa no REGIAC aqueles cans que faleceron, circunstancia que moi a miúdo non se comunica a este rexistro e que pode dar lugar a investigacións e sancións por parte das autoridades competentes nesta materia.

E por iso que a Federación Galega de Caza ven de poñer en marcha un novo servizo para que todo aquel cazador federado atope facilidades e descontos para moitos dos trámites que ten que levar a cabo co REGIAC, ao mesmo tempo que abre un espazo federativo, semellante a asesoría xurídica federativa, no cal terán a súa disposición unha asesoría veterinaria na que poderán facer consultas veterinarias e de benestar animal.

Entre as xestións que se poden realizar a traves da FGC con este novo servizo destacamos os seguintes:

-       Consulta de cans que o federado ten de alta no REGIAC

-       Solicitude de baixa por falecemento de cans inscritos no REGIAC

-       Solicitude de cambio de propietario de cans inscritos no REGIAC

-       Solicitude de cambio de propietario por traslado de cans a outra CCAA

-       Solicitude de modificación de datos do propietario de cans inscritos no REGIAC

-       Solicitude de duplicado do pasaporte de cans inscritos no REGIAC

-       Solicitude de alta no REGIAC de cans procedentes doutras CCAA

-       Consultas veterinarias e de benestar animal

Para mais información achégate a tua federación ou entra na seguinte ligazón https://www.federaciongalegadecaza.com/regiac/

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COMUNICADO DA FGC DA CORUÑA
21/12/2021
A FGC de A Coruña manten unha reunión coa Área de Promoción Económica da Deputación provincial

ASEMBLEA XERAL FGC
17/12/2021
A FGC celebrou a asemblea xeral coa aprobación de todos os puntos da orde do día

MANIFESTACIÓN 20 DE MARZO
19/11/2021
O mundo rural manifestarase o 20 de marzo para dar voz a La España VaciLada

BENEFICIOS FEDERADOS
29/10/2021
A FGC incrementa notablemente o número de establecementos do Clube de Descontos


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza