Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
“Zara do Coto da Néboa” de Francisco Santiago obtivo en Muras a mellor calificación na Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea
09/01/2022

V Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea

Aínda ben non remataran as festividades de Nadal cando a Federación Galega de Caza poñía a andar o ano cunha nova edición, a quinta, da Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea, desputada o pasado 8 de xaneiro de 2022. 

O lugar elixido, amablemente cedido pola sociedades de cazadores local, era o Tecor O Landro, de Muras (Lugo), situado na impresionante paraxe da rexa Serra do Xistral.

A proba acudiron 13 participantes que presentaron un total de 25 cans, 23 da raza setter inglés e 2 pointer. Os terreos seleccionados foron unhas ladeiras de caducifolias ben protexidas do forte vento suroeste que imperou todo o día con sotobosque de acevos e arandeiras suficiente para dar cobizo á ansiada arcea, da que se viu un bo número de exemplares.

A clasificación final foi:

1ª clasificada “Zara do Coto da Néboa”, setter inglés de Francisco Santiago

2ª clasificada “Vela do Cancela”, setter inglés femia de Manuel Cancela

3º por prestación “Lor de Castrocan”, setter inglés macho de Jesús Blanco, presentado por Miguel Montoiro

Destacar a “Vela do Cancela” xa que obtivo o trofeo ao mellor can novo. 

A Federación Galega de Caza quere facer un agradecemento ao Tecor O Landro a cesión dos terreos para a proba e ao cazador local Pablo pola súa importantísima e laboriosa axuda como guía.

Esta proba contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
09/02/2026
Cedeira e Ortigueira acolleron a oitava edición da proba de Cans de Parada sobre Arcea

PROVINCIAIS E GALEGO DE RAPOSO
2026-02-02
O equipo coruñés “Os Intocables” foi o gañador do Autonómico de Raposo desputado na Fonsagrada

ARCEAS OURENSE
2026-01-19
O título de campión provincial de Ourense foi para Iván Álvarez coa setter “Loba Raiña”

CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
2025-12-29
VIII Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea “Xunta de Galicia”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza