Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL OURENSE DE SAN HUBERTO
Aneiros Ardao foi o campión provincial e Canosa Vigo o campión da proba
07/03/2022

XXIV Campionato Provincial de Ourense de San Huberto

O pasado 5 de marzo desputouse no Tecor societario de Xinzo de Limia o Campionato provincial de Ourense de Caza San Huberto no que tomaron saída un total de 15 cazadores cos seus respectivos cans.

A proba contou coa organización da FGC de Ourense e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Xinzo de Limia. O Xurado de Competición estivo composto por Manuel Feijoo Castro e Antonio García Reinoso, sendo o Director da mesma José Castro Rivela. O xuíz encargado de valorar e puntuar as diferentes participacións dos cazadores foi Antonio Fraga Temprano.

O cazador Juan José Canosa Vigo co macho de pointer “Nike da Chousa” foi o que obtivo a mellor puntuación con 62 puntos e converténdose no campión da proba. Con 59 puntos o segundo clasificado era Roberto Dopico Dopico co setter inglés macho “Bruxo de Vilar de Donas”. O terceiro posto e proclamándose Campión Provincial era para Jaime Aneiros Ardao co pointer macho “Baco da Brisa” e 54 puntos. 

Jaime Aneiro Ardao, Jaime Aneiros Leira e Eliseo Faraldo compoñen a selección provincial de Ourense que representarán a dita provincia no vindeiro autonómico da especialidade.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COPA FGC CORUÑA SAN HUBERTO
2025-07-07
Antonio Costa con “Paiper” gañadores da Copa FGC Coruña de San Huberto

CAMPIONATO ESPAÑA RASTRO XABARIL
2025-06-30
O galego Julio Ferradás con “Copy” subcampión de España de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

COPA FGC CORUÑA CANS DE PARADA
2025-06-30
O setter “Ralf” de Carnota Ríos foi o mellor calificado en Vimianzo

SAN HUBERTO MAÑÓN
2025-06-30
Juan Carlos Arteche con “Chula de Vilar de Donas” adxudícase o primeiro posto en Mañón


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza