Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
20MRural
Carta do Presidente da FGC sobre o 20M
18/03/2022

Queridos compañeiros,

Este domingo os cazadores galegos e os de tódolos recunchos de España enfrontámonos a unha xornada moi importante. Este 20M xuntarémonos con tódolos membros do rural para defender os nosos dereitos ante os constantes ataques ás nosas tradicións, ás nosas afeccións, á nosa vida.  Defender os dereitos e intereses dos cazadores é o principal motivo da existencia desta Federación, e polo tanto consideramos necesario facer un importante esforzo para que todos aqueles que así o decidíchedes teñades máis sinxelo estar este domingo en Madrid. 

Tristemente, por motivos persoais relacionados coa saúde, eu non poderei acompañarvos nesta importante xornada, pero sei que me sentirei representado polos milleiros de vós que si estaredes alí, no meu nome e no de tódolos cazadores galegos que tampouco estarán, pero que desexan coma vos que a nosa actividade sexa defendida e respectada como se merece. Seguirei esta manifestación dende a distancia pero atento en todo momento a todo canto suceda, e estou seguro de que lle amosaredes a todo o país o compañeirismo, o respecto e a empatía que son marcas de identidade do noso colectivo, para que deixen de xulgarnos e atacarnos.

Douvos o meu sincero agradecemento por estar aí o domingo e deséxovos que pasedes unha memorable xornada cos vosos compañeiros, como se fose un domingo de caza máis.

Unha forte aperta,

Javier Nogueira Diz
Presidente da Federación Galega de Caza

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AXUDAS LUMES
29/07/2022
Axudas para os Tecores afectados polos lumes

LUMES
22/07/2022
Agradecemento e solidariedade ante os lumes

SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE
21/07/2022
O Secretario Xeral para o Deporte visita a FGC

LUMES
23/06/2022
Solidariedade cos cazadores de Castela e León e Navarra


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza