Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ASEXOS DE ARCO SOBRE FIGURAS 3D
Éxito da primeira proba de asexo con arco
19/04/2022

Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D

Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza, o pasado 10 de abril tivo lugar a novidosa primeira edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D.

Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 35 arqueiros e un destacado público que quixo coñecer esta novidosa modalidade que, con matices diferentes a competición de Percorridos de Caza con Arco, deixou un gran sabor de boca entre os apaixoados do arco.

Un total de 20 propostas e patrullas de 4 arqueiros que chegaban a cada posto de tiro onde se atopaban con diferentes indicacións. Inidicacións en cada proposta tales como: un ou dous postos de tiro, número de figuras, especie cinexética a disparar, distancias de tiro, etc.

Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías:

Arco Asistido Masculino

-       Ángel Villaverde Balado: 274 puntos

-       Eloy Álvarez Couñago: 273 puntos

-       José Caruncho Villalba: 247 puntos

Arco Tradicional Masculino

-       Lee Ransdale: 218 puntos

-       Carlos Rama Rodríguez: 165 puntos

-       Antonio Lorenzo Vidal: 155 puntos

Arco Asistido Damas

-       Mª Carmen Novoa: 250 puntos

-       Carolina Comesaña Cendán: 180 puntos

-       Dolores Bugarín Codeseda: 175 puntos

Cadetes

-       Atila Vega Comesaña: 150 puntos

-       Claudia Vega Comesaña: 131 puntos

-       Sheila Llamas Pérez: 120 puntos

Junior

-       Inés Martínez Martínez: 151 puntos

-       Xiana Rodríguez Dean: 115 puntos

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

PROBA XABARIL VILAGARCIA
23/04/2024
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”

PROBA DE CEIBA DO BARBANZA
23/04/2024
O lote de Andrés Dieste foi o campión da IV Proba de Ceiba do Barbanza

PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO
22/04/2024
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo”

PROVINCIAL CORUÑA RRCC
15/04/2024
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza