1 de maio de 2022
PROVINCIAL PONTEVEDRA COMPAK

Roberto Rodríguez campión provincial de compak

XXII Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting 

Máis de medio cento de tiradores citáronse, no día de hoxe 1 de maio, en San Andrés de Xeve, no Campo de Tiro Río Lérez, para a desputa da edición XXII do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Río Lerez e Eido Dalbo.

A proba contou con catro canchas nas cales os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos e baixo unha perfecta organización fixeron desta fase provincial unha xornada brilante desta disciplina do tiro.

Unha vez rematada a proba con total normalidade e deportividade os resultados nas diferentes categorías foron os seguintes:

Na Xeral Absoluta o campión foi Roberto Rodríguez Fernández con 90 pratos que obtiña deste xeito o título de campión provincial. Con 89 arxilas escachadas remataba o tirador coruñés José Manuel Torres Parada que obtiña a prata non sen antes resultar gañador nun desempate con Daniel Domínguez Treinta que se tiña que conformar co bronce.

Francisco Javier Rivero Martínez era o campión con 84 pratos na categoría Senior superando a Ángel R. Vidal Quintela e José Carlos Martínez González que remataban en segunda e terceira posición respectivamente. 

 

Na categoría Veteranos o campión era Gabino Villamor Vázquez con 80 pratos escachados por diante de José González Yañez que remataba a tirada con 74 pratos.

José María González Rodríguez con 67 arxilas era o campión na categoría de Máster por diante deLuís Salmerón Madera con 66 pratos.

En Damas a campiona era a tiradora Elisabeth Campos Dorna con 40 pratos, o mesmo número de pratos que o campión Xuvenil Jose Antonio Lomba Quintas. 

Este campionato provincial contou coa colaboración de Solognac e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.