2 de maio de 2022
CURSO XUICES RRCC E COMPAK

Celebrada a primeira convocatoria para novos xuíces das disciplinas de tiro

Na pasada fin de semana a Federación Galega de Caza tiña a ben levar a cabo a primeira convocatoria para novos xuíces nas disciplinas cinexético deportivas de percorridos de caza e compak sporting.

Foron as instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar o lugar escollido para celebrar este curso no que os aspirantes a novos xuíces adquiriron coñecementos a través de documentación física e audiovisual.

O curso foi impartido polos xuíces federativos César Tosar e José Moure que remataron a xornada realizando unha satisfatoria proba evaluatoria a todos os aspirantes.

Dende a FGC lembrar que esta foi a primeira convocatoria para novos xuíces das disciplinas de tiro pero que o vindeiro día 21 de maio, nas mesmas instalacións, celebrarase a segunda convocatoria para a cal o prazo de inscrición xa está aberto.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.