Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
FECAP 2022
Nunha edición máis de FECAP a FGC foi punto de encontro dos cazadores galegos
06/06/2022

Feira de Caza, Pesca e Natureza enclavada na Abanca Feira Internacional de Galicia - Silleda

Dende o pasado 2 ao 5 de xuño tivo lugar a Feira de Caza, Pesca e Natureza (FECAP) enclavada dentro da Abanca Feira Internacional de Galicia – Silleda. Como ocorreu nas pasadas edicións de FECAP, numerosa presenza de cazadores, pescadores e amantes das actividades no medio natural achegáronse ao pabillón 4 para coñecer as novidades do sector e participar nas diferentes actividades programadas.

 

Co traballo intenso e esencial da delegación federativa de Pontevedra, a FGC volvíase a presentar en FECAP cun stand atendido ininterrompidamente por traballadores/as da institución, compañeiros federativos e as Xuventudes pola Caza, no que os cazadores e o público en xeral, puideron atopar toda a información sobre as actividades que desenrola a Federación así como os servizos que ofrece a cazadores e sociedades de caza federadas, a máis de atopar folletos, exemplares da revista Galicia Cinexética, roupa corporativa, etc. Moitos cazadores achegáronse ao stand federativo para probar a puntería no simulador de tiro Simwayhunt que congregou a centos de visitantes.

 

Como ocorreu en tódalas edicións anteriores, a interación da FGC coa FECAP non so se resumía ao stand senon que a Federación Galega de Caza participaba e dinamizaba activamente a FECAP coa celebración de actividades que congregaron a numeroso público.

 

Pero vamos facer mención a algunha das actividades feitas pola FGC en FECAP:

-       Exposición de perdices e outras especies cinexéticas grazas a José M. Blanco e coellos de María Uzal.

-       Manualidades para os máis de 400 pequenos que coñeceron a fauna galega coloreando láminas debuxadas pola pintora mindoniense Irma Loureiro

-       Exposición e presenza da aguía Harris de Nuria Galego.

-       Tiro con arco grazas aos clubes federados “Arco Deza” e “Arco Celta”.

-       A importancia dos cans para os cazadores quedou patente coa “Mostra de cans de caza” presentada polo vicepresidente da FGC Luis Eusebio Fidalgo.

-       Probas de agility da FGC dirixidas por Carlos Souto .

 

A FGC quere facer un agradecemento a todas as persoas e entidades que colaboraron nas actividades expostas pola Federación así como á Xunta de Galicia, FECAP-ABANCA, Solognac, empresa cinegética Touceda, pensos Canicán “Os Bichoucos” de Gestión Melón, entreoutros.

A FGC conta con todos vos na vindeira edición de FECAP 2023.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

AFECTADOS DANA
11/11/2024
Os cazadores españois doan 24.000€ aos afectados pola DANA

PROXECTO ARCEA
21/10/2024
Gran aportación dos cazadores galegos para o censo das arceas

INICIO CURSOS FORMACIÓN
08/10/2024
Máis de 200 alumnos cazadores participan nos Cursos de Formación 2024

CURSOS FORMACIÓN FGC
04/09/2024
Actívase a Escola de Caza para a Formación e Seguridade do cazador


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza