Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
XABARIL SALVAXE COMARCA BARBANZA
O lote de Iban Martínez foi o campión no Barbanza
26/06/2022

Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza”

No día de hoxe, domingo 26 de xuño, a comarca do Barbanza acollía a segunda edición da Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba do Barbanza” baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Caza Lousame-Noia, Rianxo, Porto do Son, Rois e Castelo de Vitres-Folgoso.

 

Novamente gran expectación ante unha proba de cans de rastro sobre xabaril salvaxe que tanto atrae a monteiros galegos e do norte de España. Si a primeira xa foi un éxito, nesta segunda edición superáronse tódalas expectativas e os participantes desfrutaron dunha gran xornada na que destacamos a gran cantidade de rastros, levantes e persecucións de xabariles salvaxes.

Un enorme traballo a pe de monte fixo que a organización, contando co esforzo dos rastreadores, dispuxera de rastros de xabaril para tódolos lotes participantes. Nesta segunda edición sumouse a Sociedade de Caza de Rois que puxo os terreos do seu Tecor a disposición e permitiu ampliar o número de lotes inscritos con respecto a edición do 2021.

Rematada a participación dos 17 equipos inscritos facemos unha mención a alta calidade da maioría dos lotes e mostra delo foi o axustado das puntuación dos 10 mellores clasificados.

Foi o lote de cans “Pinocho, Nei, Cubana, Kira, Pancho e Zas” propiedade do coruñés Ibán Martínez García o que acadou o primeiro posto da clasificación xeral con 830 puntos, converténdose no campión desta segunda edición. O monteiro chegado de Ourense, Alejandro Couso Rosario cos cans “Narco de Terra de Meigas, Lima de Terra de Meigas, Senda de Terra de Meigas, Mia, Rayo e Oki Des Hurleurs Du Velay” era o segundo clasificado con 825 puntos e case revalida o título da primeira edición. O navarro Javier Arizkuren Pola cos cans “Jara, Oli, Kai, Darry, Sam e Samba” foi o que obtiña o bronce con 820 puntos e compretaba unha gran tempada de probas en Galicia despois de acadar o primeiro posto na proba de Ortigueira 2022.

O xurado de competición facía unha mención especial ao can “Narco de Terra de Meigas” propiedade de Alejandro Couso como mellor can da proba, premio este que xa obtiña can e monteiro na primeira edición.

Estes eran o resto de puntuacións e clasificados:

- 4º) José Tarrio Bustelo: 780 puntos

- 5º) Andrés Dieste Piñeiro: 775 puntos

- 6º) Antonio Blanco Olveira: 755 puntos

- 7º) Pablo González Castro: 750 puntos

- 8º) Gerardo González Prado: 740 puntos

- 9º) Pablo Martínez Castrillón: 730 puntos

- 10º) José Ramón Rivas Vidal: 720 puntos

 

Na entrega de premios a FGC de A Coruña resaltou o enorme traballo organizativo así como a inestimable colaboración das sociedades de caza, xuíces, guías e rastreadores. “Agradecemos a deportividade dos participantes, así como o alto nivel dos equipos presentados, complicando enormemente o traballo dos xuíces” En palabras do presidente da FGC de A Coruña, Álvarez Villar.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CAZA MENOR
04/11/2024
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA MENOR
30/10/2024
Clasificados para o Autonómico de Caza Menor con Can

CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA
29/10/2024
Os mellores cetreiros na Terra Chá

PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR
29/10/2024
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza