Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROVINCIAL PONTEVEDRA DE RRCC
Dominio de Domínguez Treinta no provincial de Pontevedra de percorridos
27/06/2022

XXXV Campionato Provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza 

O pasado 26 de xuño, desputábase a proba provincial de Pontevedra de Percorridos de Caza na que o tirador Daniel Domínguez Treinta confirmou o seu gran estado de forma acadando a marca de 90 pratos escachados e proclamándose como campión absoluto e novo campión provincial.

Esta proba contou coa organización da Federación Galega de Caza en Pontevedra e a esencial colaboración do Clube de Tiro Fronteiriñas e Clube de Tiro Eido Dalbo. 

Os 60 tiradores enfrontáronse a 100 pratos que constaban de traxectorías técnicas e de distancias variadas e diversar que puxeron en máxima tensión ás mellores escopetas de tiro do panorama autonómico.

Foi o tirador Daniel Domínguez Treinta o que remataba o percorrido cun total de 90 pratos escachados e acadaba deste xeito o primeiro posto da clasificación xeral. A prata foi para Francisco Javier Rivero Martínez que rematou a un so prato de Domínguez. O ata ese día actual campión provincial, Roberto Rodríguez Fernández,  era o terceiro clasificado con 87 pratos.

Na categoría Senior o mellor clasificado foi Francisco Javier Rivero Martínez cun total de 89 pratos. Con 84 pratos pero en segunda posición remataba Manuel García Pombo. O terceiro caixón do podio era ocupado por Cristino Mera Román con 82 pratos.

En Veteranos o tirador campión era Gabino Villamor Vázquez cun total de 80 pratos, en Xuveniles impoñíase Rubén Vicente López con 40 pratos e na categoría de Máster o mellor clasificado era Ángel Vidal Conde con 73 arxilas.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CPTO. ESPAÑA CANS DE MOSTRA
2025-10-14
O setter “Zafir de Piago” do galego René Vale converteuse no Campión de España de Cans de Mostra Británicos e por equipos Galicia acadou o subcampionato nacional

NACIONAL DE SAN HUBERTO
2025-09-29
A galega Nuria Varela campiona feminina da Copa España de San Huberto

AUTONÓMICO DE COELLO
2025-09-28
Os beagles do coruñés José Javier Suárez acadan o autonómico de rastro de coello

PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE COELLO
2025-09-22
O lote propiedade de Arosa Dasilva proclamouse campión provincial na Lama


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza