30 de xuño de 2022
NACIONAL DE RASTRO DE XABARIL

O XXIX Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril celebrarase en Galicia

Novamente Galicia acollerá outra proba Nacional organizada pola Real Federación Española de Caza, coa colaboración da Federación Galega de Caza e o Consello Superior de Deportes.

Dito Campionato de España discorrerá por terras lucenses, concretamente na localidade de Mondoñedo – A Pastoriza o vindeiro sábado 16 de xullo.

Todos os clasificados desta modalidade que participen na proba xa poden inscribirse nas súas federacións autonómicas ata o próximo venres 8 de xullo.

Os monteiros e cans dividiranse en dous campos, o campo 1 para os dorsais impares e o campo 2 para os pares. A final consistirá na participación dos 12 cans e monteiros clasificados na primeira fase. O can e monteiros que maior puntuación acaden na fase final proclamarase Campión Nacional da modalidade.

O campionato contará co patrocinio e a colaboración de Avis, Mutuasport, Cinegética, Deputación de Lugo, Concello de Cospeito, Concello de Castro de Rey, Concello de Mondoñedo, Concello de A Pastoriza, Tecor Terra Cha, Tecor O´Polémico e Maxxidog Premium.

PROGRAMA

VENRES, 15 DE XULLO

20:00h Recepción dos participantes, entrega de dorsais e inauguración da proba no Auditorio Municipal de Mondoñedo (Praza Jaime Cabot, 27740 Mondoñedo, Lugo)

21:30h Cea inaugural no Instituto San Rosendo (Avenida As San Lucas nº 33, 27740 Mondoñedo, Lugo)

SÁBADO, 16 DE XULLO

08:00h Concentración dos participantes (Mondoñedo)

09:30h Inicio da competición - Campo do Oso (LU-125, 27286 Pastoriza, Lugo)

12:00h aprox. Taco campeiro no Local social da Sociedade de Cazadores Terra Chá - Campo do Oso

15:00h aprox. Comida, entrega de premios e acto de clausura no pabillón Municipal de Bretoña  

 

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.