Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
ESCOLA DE CAZA
A Federación Galega de Caza convoca unha nova edición dos cursos de caza online
23/08/2022

A Federación Galega de Caza (FGC) pon en marcha a campaña de divulgación e fomento da actividade cinexética en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) na que, entre outras  accións, vén de convocar os cursos de formación de responsables de sociedades de caza e de prevención da sinistralidade e seguridade na práctica cinexética, que se impartirán a través da aula virtual da Escola de Caza da FGC.

A matrícula que é aberta e gratuíta, formalizarase enviando a escola@federaciongalegadecaza.com o boletín de matrícula dispoñible na web escoladecaza.gal ou en calquera das sedes da FGC. O prazo de matrícula remata o 23 de setembro.

Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC desde o día 3 ata o día 28 de outubro (a proba de avaliación poderá realizarse entre o 24 e o 28 de outubro). Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades.

A formación de responsables de sociedades de caza abordará a xestión interna e administrativa á que teñen que facer fronte no seu día a día os directivos destas asociacións a través de 17 temas que capacitaran ao alumno na lexislación, réxime documental, réxime económico, financeiro, patrimonial e fiscal e na comunicación interna e externa da asociación. Como novidade nesta nova edición incorpóranse dous novos temas, un sobre o certificado dixital e outro sobre a protección de datos de carácter persoal á que están obrigadas as sociedades de caza.

O curso de prevención da sinistralidade e seguridade na práctica cinexética  ten por obxecto formar aos responsables de cazaría e aos cazadores en xeral na prevención e seguridade durante a práctica da caza, así como instruílos nos primeiros auxilios para que, de darse o caso, poidan auxiliar a un compañeiro ou a outro cazador enfermo ou lesionado.  O curso abordará 17 temas, nos que se formará aos alumnos na lexislación cinexética, na manipulación e consumo de carne de caza de xeito seguro, no uso das novas tecnoloxías como ferramenta de seguridade na caza, nos primeiros auxilios, e principalmente na seguridade no desenvolvemento das cazarías colectivas, desde o seu inicio ata a súa finalización, que é obxectivo principal do curso pola preocupación que xera na FGC, precisamente, a seguridade dos cazadores galegos.

Ambos os dous cursos están dirixidos a directivos e responsables de cazaría das sociedades de caza, pero tamén a xestores cinexéticos, gardería, administrativos e cazadores en xeral, interesados na xestión interna, administrativa e documental das entidades cinexéticas e na formación en materia de seguridade na práctica cinexética e primeiros auxilios.

Máis información na web http://www.federaciongalegadecaza.com apartado escola de caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACION XUÍCES TIRO
15/04/2024
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro

COMITÉ GALEGO DE CAZA
15/03/2024
Celebrado o Comité Galego de Caza que marca as pautas da vindeira tempada cinexética 2024/2025

FORO LOBO
12/03/2024
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo

A CAZA TAMÉN VOTA
07/02/2024
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza