Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PROXECTO COTURNIX
Coturnix anima aos cazadores galegos a participar no terceiro ano do proxecto de seguimento do paspallás
26/08/2022

O Proxecto Coturnix, seguimento e xestión sostible da codorniz en España afronta coa media veda o inicio do seu terceiro ano co boas expectativas e agardando superar os bos resultados do ano anterior, no que participaron máis de 5.000 cazadores de todo o país.

Por elo, as entidades promotoras, encabezadas por Mutuasport, coa colaboración da Real Federación Española de Caza, Fundación Artemisan e a Universidade de Lleida, animan aos cazadores de todo o país a sumarse ao que se converteu no proxecto máis importante de monitorización da especie en España.

Gracias á implicación dos colaboradores, o ano pasado recibíronse máis de 17.600 mostras de capturas, completaronse 2.910 enquisas de caza, aneláronse 257 codornices e puídose recuperar a información de 64 anillas. Todo elo serviu para concluir que a poboación de codorniz mantén un estado favorable de conservación, cunha estimación de 3,1 millones de exemplares.

De feito, os resultados obtidos en Coturnix e outros proxectos semellantes permitiron paralizar a votación no Comité de Fauna e Flora do MITECO da inclusión da codorniz en perigo de extinción, o que suporía o fin da súa caza, da sua xestión e poñería en perigo o futuro da propia especie.

Cabe sinalar que Coturnix é unha iniciativa de ciencia ciudadana que ten como obxetivo evaluar o estado de conservación da codorniz en España, así como profundizar en aspectos da súa bioloxía e ecoloxía e promover unha xestión e caza sostible das súas poboacións. 

No marco do proxecto desenrólanse numerosas accións como tarefas de censo, anelamentos, seguimento de colleitas, monitoreo de caza, recollida de mostras biolóxicas e incluso o uso de dispositivos GPS/Argos, todo elo co obxetivo de aumentar o coñecemento sobre a bioloxía e ecoloxía da codorniz.

Co proxecto Coturnix, Mutuasport busca devolver aos cazadores a confianza posta na entidade, invertindo en investigación e ciencia ciudadana que está revolucionando a caza en España e que pon aos cazadores como garantes e protagonistas da conservación das especies e a biodiversidade.

As entidades do proxecto agradecen a cazadores, dinamizadores, federacións de caza e en xeral a todos os implicados no proxecto a gran participación amosada durante estos dous primeiros anos e animan a seguir participando durante esta tempada, especialmente na media veda.

Os interesados en participar poden contactar coa súa federación autonómica para obter toda a información ou mediante o correo coturnix@fundacionartemisan.com .

 

 

 

 

 

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

CURSO FORMACIÓN
21/11/2022
Suspendido o acto de entrega de Diplomas dos Cursos de Formación da FGC

FORMACIÓN ONLINE
30/09/2022
Preto de 300 alumnos e alumnas comezan os cursos online da FGC o vindeiro luns

PERSOA CAZADORA CON FORMACIÓN
26/09/2022
A Xunta de Galicia, coa colaboración da FGC, vén de ofertar a primeira edición do curso “Persoa Cazadora con Formación”

PARTIDOS POLÍTICOS – LEI ANIMALISTA
02/09/2022
A FGC comenza a rolda de reunións cos partidos políticos para poñer freo á Lei Animalista


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza