21 de setembro de 2022
TROFEO CIDADE DE BETANZOS

Canosa gañador do Trofeo Cidade de Betanzos

XX Trofeo de San Huberto Cidade de Betanzos

 Unha nova proba da disciplina de San Huberto desputábase en Irixoa (A Coruña) o pasado 15 de agosto. Dita proba contou coa organización da Sociedade de Cazadores do Tecor de Irixoa e a colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

O lugar de Ferreiros acolleu aos 29 cans que participaron nesta proba de San Huberto puntuable para a Copa Galicia da especialidade. Sendo xuzgada por Jorge Sánchez e Juan Ramón Suárez e sendo o director da proba Javier Martín.

Foi o cazador Juan José Canosa co seu pointer de nome “Nike” o gañador da proba con 82 puntos, seguido en segunda posición, con 63 puntos, por José Manuel Pallas que participou co setter inglés macho de nome “Marxal”. O terceiro posto era para a cazadora Nuria Varela co pointer de nome “Perseo”.

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.