26 de setembro de 2022
SAN HUBERTO CIDADE DE RIBEIRA

Carnota Rios resulta vencedor en Ribeira

XII Campionato de San Huberto “Cidade de Ribeira”

O pasado 25 de setembro desputouse no Tecor da Sociedade de Cazadores do Barbanza unha edición máis do Campionato de San Huberto Cidade de Ribeira puntuable para a Copa Galicia da especialidade e organizada por dita Sociedade de Cazadores e contando coa colaboración da Federación Galega de Caza en A Coruña.

A proba, prevista para celebrar o pasado 15 de agosto pero que tivo que ser suspendida por mor dos lumes, trascorreu sen imprevistos destacando a boa participación e sendo o Director da mesma Cesar Ayaso Sobrido. 

Foi o participante José María Carnota Rios o que se subía ao máis alto do podio ao acadar un total de 68 puntos. O segundo posto foi para o cazador Juan José Canosa Vigo con 54 puntos. José Martín Sánchez quedou relegado a terceira posición con tamén 54 puntos.

 

Noticias relacionadas

Mantente informado

Política de cookies

Usamos cookies técnicas necesarias e, se o autorizas, cookies analíticas e de marketing. Podes aceptalas, rexeitalas ou personalizalas agora. Consulta a nosa política de cookies para máis información.