Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
PREMIUM OURO
Premium Ouro, a tranquilidade de cazar seguro
28/02/2023

Mutuasport, a mutua de seguros dos cazadores mellora na súa oferta de produtos co lanzamento do PREMIUM OURO, apostando así por un novo seguro que cubre, ainda máis, as necesidades dos cazadores. 

A nova póliza axudará a que todos os cazadores desfruten con maior tranquilidade das saídas ao monte, pois inclúe as maiores coberturas que existen no mercado dos seguros específicos para a caza.

O Premium Ouro, está diseñado para un total disfrute dos cazadores, xa que en caso de sinistro conta cunhas coberturas amplísimas para facer fronte ás desagradables consecuencias que en ocasións se xeneran, xa sexa fronte a un terceiro (Responsabilidade Civil), como a un mesmo (dano propio).

Desta maneira, Mutuasport incorpora un produto único que protexe amplamente ao cazador, con extensas coberturas e máxima protección para as saídas cinexéticas.

¿Qué coberturas se ampliaron?

- Cobertura de Responsabilidade civil voluntaria do cazador: 2.000.000€.

- Asistencia Sanitaria e Falecemento en acción de cazar: 70.000€.

- Nova cobertura de Asistencia acompañante: Gastos por desprazamentos e/ou aloxamento 150€ / día dun acompañante, ata un máximo de 1.500€ por sinistro, sempre e durante a estancia no hospital do lesionado.

- Falecemento por accidente in itinere (ida ou volta a cazar): 10.000€.

- Falecemiento causas naturais: 5.000€.

- Cobertura de Defensa xurídica do cazador: libre elección do letrado: 7.500€.

- RC do xefe de cuadrilla incluida sen coste adicional

Para aqueles cazadores que se suscriban ou transformen o seu seguro actual ao PREMIUM OURO, poderán beneficiarse dun anexo ao seguro do cazador, con cobertura de Responsabilidade Civil fora da acción de cazar, ata un máximo de 10 cans propiedade do cazador. Neste apartado exclúese desta cobertura a cesión dos cans a outros cazadores, así como os cans que formen unha reala ou teñan grupo zoolóxico.

Por tanto, o Premium Ouro, que xa está dispoñible, incorpórase ao variado catálogo de produtos de aseguramento na caza dos que dispón Mutuasport, afianzándose así como a mutua número un entre os cazadores.

Desta forma, volve a amosar o seu compromiso co sector cinexético, ofrecendo produtos e servizos exclusivos que se adaptan a todas as necesidades, co fin de que o cazador se sinta moito máis seguro á hora de practicar a súa actividade favorita.

Mutuasport protéxete e asegura o futuro da caza.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza