Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
NO TECOR TERRA CHÁ
Proba de Cans de Mostra sobre Becacina
02/03/2023

I Proba Aberta de Cans de Mostra sen Morte sobre Becacina

O pasado 25 de febreiro baixo a organización do Tecor Terra Chá e a Asociación do Pointer de Caza tivo lugar a I Proba Aberta de Cans de Mostra sen Morte sobre Becacina. Unha proba que tamén foi posible grazas á colaboración da Federación Galega de Caza, da Armería Ventos e Rastros, Hotel Spa Galatea, Tecor o Azor e pensos Arion.

Na proba participaron un total de 32 cans de distintas razas, 2 bretóns, 1 braco, varios setters e numerosos pointers. 

A organización preparou duas baterias de cans, nunha delas exclusiva para a raza Pointer e a outra Aberta para os cans de diferentes razas inscritos. 

De extraordinaria foi catalogada a xornada por parte dos participantes que grazas ao bo facer dos cans e a abundancia desta pequena migratoria realizáronse infinidade de guias e mostras.

- Clasificación bateria Aberta:

1º Clasificado Eliseo Faraldo ca setter “Fiera da Pardiñeira”  

2º Clasificado Jesús Paz co bretón “Taco de Casa Ato” 

3º Clasificado Luis Barcia co setter “Yaco”

4º Clasificado Andrés Pena coa setter “Negrita de Bosende”

- Clasificación bateria Pointer

1º Clasificado Corsino Valero coa pointer “Mia de los Tscianiegos” 

2º Clasificado Manuel Cadaval coa pointer “Tara”

E obtivo unha mención especial como can xoven “Mamalom de Torres de Varela” de Jorge Dobarganes

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

ARCEAS CORUÑA
2025-12-15
O provincial da Coruña de caza de arceas proclomou campión a José Manuel Tome con “Duke”

ARCEAS PONTEVEDRA
2025-12-15
Iván Ramos con "Sira" proclamouse campión provincial de caza de arceas en Rodeiro

SEMIFINAL NORTE CAZA MENOR
2025-11-24
Iván Moure subcampión da Semifinal Norte de Caza Menor con Can

ARCEAS LUGO
2025-11-23
Arturo Ledo gañador do provincial lucense de caza de arceas


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza