Volver ao inicio
Inicio Calendario Buscar Contacto

Novas
Imprimir
TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO
Posta a punto dos arqueiros galegos
06/03/2023

Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco

No día de onte, 5 de marzo, o Clube Cazarco coa colaboración do concello pontevedrés de Soutomaior e a Federación Galega de Caza de Pontevedra tiña a ben organizar a primeira proba puntuable para o autonómico de Percorridos de Caza con Arco.

A modo de posta a punto e toma de contacto celebrouse este Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco. O Campo de Tiro sito en O Candán acoulleu a diferentes arqueiros que foron desenrolando as propostas baixo unha gran organización e deportividade. 

A clasificación foi a seguinte:

En Arco Asistido Masculino o primeiro posto foi para Jaime Villaverde Balado con 295 puntos. Con 290 puntos remataba, en segunda posición, Eloy Álvarez Couñago. Miguel Caruncho Campanario era o terceiro con 281 puntos.

Herminio López con 220 puntos era o campión en Arco Tradicional MasculiNo. Miguel Rodríguez Sanz e Lee Ransdale obtiñan a prata e bronce, respectivamente, con 180 e 164 puntos.

En Damas Asistido a arqueira pontevedresa Dolores Bugarín Codeseda era a mellor clasificada con 243 puntos. Con 145 puntos o segundo posto era para M. Carmen Novoa Varela. Marina Oliveira Amoedo ocupaba o terceiro posto con 117 puntos.

Pablo Gómez Vila era o campión na categoría Junior e Carlota Otero Cayetano campiona en Cadetes.

 

 
Ver máis novas de
Competicións Federación Eventos Lexislación Medio Rural / Forestal
 
Máis novas nesta categoría

COPA DEPUTACIÓN OURENSE CANS PARADA
07/03/2023
Couce García en británicos con “Máximo da Xeara” e Vicente Cortes con “Óscar de la Judería” en continentais foron os mellor calificados en Porqueira

PROVINCIAL OURENSE SAN HUBERTO
07/03/2023
Aneiros Leira e Varela Painceiras gañadores do provincial ourensá de San Huberto

NO TECOR TERRA CHÁ
02/03/2023
Proba de Cans de Mostra sobre Becacina

AUTONÓMICO DE CAZA DE RAPOSO
06/02/2023
O título autonómico foi para o equipo pontevedrés “Rodeiro I”


Federación Galega de Caza  
Estadio Vero Boquete de San Lázaro, Porta 12 - 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)  
Tlf: 981 562 777 / Fax: 981 562 779 / federacion @ federaciongalegadecaza.com 
Aviso legal | Política de privacidade | RSS | Mapa da web         © Federación Galega de Caza